martes, 26 de enero de 2016

Coruña Gráfica


Guía profesional de autores gráficos editada polo Concello da Coruña e Deputación.


O Centro Ágora acolleu o xoves, 21 de xaneiro, a presentación de #‎CoruñaGráfica, a guía profesional de ilustradoras e ilustradores vinculados á cidade.
'Coruña Gráfica', impulsada polo Concello, recolle os traballos, algúns inéditos, de 69 autoras e autores profesionais ou semiprofesionais da cidade ou que desenvolveron unha parte da súa traxectoria profesional na mesma. Debuxantes consagrados, nomeados aos Premios Eisner ou directores de películas de animación comparten páxinas con artistas de longa traxectoria como freelance no ámbito da ilustración editorial e do humor gráfico ou que veñen de publicar os seus primeiros traballos.



No hay comentarios: