jueves, 30 de enero de 2014

Día da Ilustración en Galicia



Noticia sobre las actividades que se van a realizar hoy, 30 de enero, en toda Galicia.http://agpi.es/noticia.php?id=939


Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”

Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía Modera: Henrique Torreiro
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Para todos os públicos
De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.

Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honra do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Almudena Aparicio (Vigo, 1978). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten traballado desde 2004 como ilustradora de libros de texto, didácticos e de literatura infantil. É, ademais, coautora do manual Técnicas de paquetería. Guía práctica para hacer más atractivos sus embalajes (Ideaspropias, 2005). O ano pasado gañou o Plum Pudding Award, convocado pola axencia de ilustradores británica Plum Pudding e a editorial Egmont, no IlustraTour 2013 (Valladolid).

Manuel Uhía (Portonovo, 1944). Estudou pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Como ilustrador, foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993, 1995 e 1999). En 1997 formou parte da lista de honra do Premio CCEI. No 2000 foi seleccionado polo Ministerio de Cultura para a exposición A todo color. En 2009, obtivo a distinción White Ravens polo libro Cactus del desierto, escrito por Roberto Aliaga.

Henrique Torreiro (Ourense, 1972). Organizador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entre 1992 e 2010, é socio fundador de varias empresas de xestión cultural e editorial. Foi xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. Na actualidade é secretario técnico da AGPI.




No hay comentarios: