domingo, 23 de junio de 2013

I Debate sobre o Estado da Ilustración

O sábado 22 de xuño, ás 10:30 h, no Centro Cultural Afundación en Santiago os ilustradores estamos convidados a asistir ao primeiro Debate sobre o Estado da Ilustración, que organiza a AGPI nun panorama especialmente complexo e cambiante para a profesión.

Dirixirá o faladoiro Manel Cráneo, e varios convidados achegarán a súa experiencia en distintos ámbitos. Contarase, así, coa voz de autores experimentados e tamén dos que comenzan a súa andaina: Marina Seoane, David Pintor, José Domingo e Yago García...

AGPI: Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

No hay comentarios: